Silencio

Silencio

Silencio

Editorial: Xerais

Pàgines: 96

Any: 2001

EAN: 9788483026724

6,69 €
    No disponible ara a

    Temps d'entrega:
    Per consultar al distribuïdor
    • - La Central del MUHBA
    • - La Central del Raval
    • - La Central (c/ Mallorca)
    • - La Central de Callao
    • - La Central del Museo Reina Sofía
Cun estilo áxil, Fran Alonso constrúe en Silencio unha interesante trama que afonda na esquizofrenia do mundo urbano contemporáneo a través dunha situación límite. A partir dun entramado narrativo cheo de intriga e de paixón, un xornalista represaliado vai relatando as circunstancias nas que se ve envolto sen querelo. “Fran Alonso volve á narrativa coa contundencia da brevidade e eficacia dun estilo directo e preciso. Intigra e desacougo urbano. Estouno devorando: escribo en pleno acto (hai media hora que comecei o libro e non podo parar). O escritor galego, como moitos narradores sabios e humildes de todo o mundo, segue o legado de Kafka”. (Antón Reixa). “Fran Alonso exorcizou os seus demos con esta viaxe ós infernos do desgabo, a indiferencia e a soidade do home moderno. Paseniñamente, coma nos bos contos de terror, asoláganos nese mundo estraño e arrepiante que xorde de súpeto tan só con rañar uns centímetros a costra da máis anodina cotianidade”. (Xoán Acuña). “Para ensumirnos –e abraiarnos– neste aire de irracionalidade e esquizofrenia de Silencio abóndalle a Fran Alonso un retallo mínimo dun xornalista envolto nunha situación que el mesmo chega a sospeitar froito da súa imaxinación. (...) Basta deixarse levar polos ingredientes do medo e da intriga para que as prosas, deliberadamente escuetas, de Fran Alonso teñan sentido e un universo tan ricaz e enxeñoso tiren briosamente do lector”. (F. Martínez Bouzas).
Les cookies són importants per a tu, influeixen en la teva experiència de navegació, ens ajuden a protegir la teva privadesa i permeten realitzar les peticions que ens sol·licitis a través de la web. Utilitzem cookies pròpies i de tercers per analitzar els nostres serveis i mostrar publicitat relacionada amb les teves preferències en base a un perfil elaborat amb els teus hàbits de navegació (per exemple pàgines visitades). Si consentiu la vostra instal·lació prem "Acceptar cookies", o també pots configurar les teves preferències aquí. Més informació a la nostra Política de cookies