Saltar a: Contenido � | Pie de la página � | Menú principal �


L

Solleiro, Samuel

Gran tiburón branco

  • Editorial: Xerais
  • Páginas: 164
  • Año: 2012
  • Precio: 16.65 €
  • EAN: 9788499144016

Gran tiburón branco contén cinco historias diferentes que comparten un mesmo clima de violencia, de vergoña e de cansazo, e tamén o feito de estaren narradas en primeira persoa por seres que moran á beira dun terraplén, da fronteira entre o coñecido e o que vén despois do coñecido: unha muller que engana o seu home catedrático cun guía turístico; un empregado do matadoiro que sospeita que o seu veciño pode ser xudeu; unha escritora posmoderna que descobre en México a existencia do mundo real; un músico fracasado que de pura deixadez desencadea a involución da especie; un tipo que narra a súa adolescencia sureña na que nunca pasaba nada e o pouco que pasaba non significaba nada en particular. Nos cinco textos está presente a literatura pero dunha maneira tanxencial: aparece como subterfuxio, de pasada. Os cinco narradores narran de casualidade (o acto de narrar é para eles unha experiencia inusual) e nunca volverán facelo, as súas voces non reaparecerán. De aí que os textos de Gran tiburón branco non rematen en final feliz, nin tráxico, nin aberto, senón no punto no que engadir algo máis, seguir escribindo en suma, sería insoportablemente redundante e un pouco ridículo. Suxírese así, unha e outra vez, a idea de que algo grande, demasiado grande (a literatura, o mundo) está a piques de rematar.

Utilizamos cookies propias y de terceros para mejorar nuestros servicios y mostrarle publicidad relacionada con sus preferencias mediante el análisis de sus hábitos de navegación. Si continúa navegando, consideramos que acepta su uso. Puede cambiar la configuración u obtener más información en nuestra "Política de cookies".

Saltar a: Contenido � | Pie de la página � | Menú principal �